7 de xuño de 2017

Obradoiro de Booktrailers

O pasado 2 de xuño, puidemos disfrutar dun Obradoiro de elaboración BookTrailers como premio pola nosa selección no Voluntariado de lectura-A.



Ás 8:30 da mañá xa nos acompañaba María Lobo de Gingko para explicarnos todo o que iamos facer ao longo da mañá.


Iamos gravar, buscar, elixir e gardar, imaxes e vídeos para montar un booktrailer.


Que non sabedes o que é? Nós tampouco o sabíamos pero agora xa si, é a presentación dun libro, pero deixando no aire intriga para animar á xente a que o lea.

E nós encargámonos de dar os primeiros pasos neste ámbito. 

Aquí van un par de gravacións. 







Próximamente seguiremos publicandooooo.

Animádevos a ler... Nos libros hai cousas fantásticas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario