16 de mar. de 2017

Contos do mundo: Italia

Boas lectores!!!
Temos un novo conto que mostrarvos.
Fai uns días os alumnos/as de 1º da ESO do IES A Sangriña viñeron coa súa profe de galego Menchu a interpretar unha obra de teatro ós alumnos/as de 4 anos do noso cole. 
A obra titulábase: Os tres porquiños en Venecia, e por que en Venecia? Porque os nenos de 4 anos do CEIP A Sangriña están investigando moitas cousas sobre Italia, e saben mooooiiitooooo moitísimo.

Aquí vos deixo unha breve montaxe para que vexades o ben que o pasamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario