29 de mar. de 2017

Unha viaxe a Australia


Os rapaces e rapazas de Infantil de 5 anos levan todo o curso viaxando por Australia.


Percorreron unha morea de quilómetros nos que foron descubrindo lugares fascinantes, cheos de encanto, os  animais propios do país, os deportes que practican, curiosidades...

Agora queren compartilo con todos nós.


Non deixes de velo!!!

Contos do mundo: Senegal



Onte os alumnos/as do IES de 2º da ESO B-C bilíngüe viñeron ó noso cole a contarnos unhas historias de Senegal coa súa profe Isa de lingua castelá.

E acompañados con música... dirixidos pola súa profe Nuria.




Pero atención!!! Porque o protagonista das súas historias era un DRAGÓN!!!! 

Que medo!!!


Deixámosvos, como xa é costume, unha recopilación de imaxes, para que vexades o divertido que foi!!!


28 de mar. de 2017

Viaxamos a Italia

Os nenos e nenas de catro anos do noso cole, este ano viaxan a ITALIA, hai tempo que teñen as súas maletas preparadas para a súa viaxe.

Aquí vos mostramos os seus preparativos.



Van ter unha viaxe inolvidable!!!

25 de mar. de 2017

Rehabilitando libros

Hoxe, día de choiva na hora do patio, tivemos congregación de axudantes na biblioteca.

E que fixemos? 



Pois sacamos os libros que estaban maliños para restauralos e volver a polos en circulación.




Os axudantes traballaron arreo... Mirade!!!




 


Con outro día de traballo así o noso Hospital de libros quedará baleiro.

BRAVO RAPACES/ZAS!!!

22 de mar. de 2017

Mulleres do mundo


Durante este mes de marzo varios cursos do noso centro estiveron investigando sobre unha muller importante do seu país (Suecia, China, Italia, Exipto...) co obxectivo de conmemorar o día 8 de marzo: Día internacional da muller traballadora.




Dende onte podemos disfrutar dos seus traballados na entrada do noso cole.

Pasade a velos!!!

21 de mar. de 2017

Un becho estraño

Hoxe en BiblioPepiño non tivemos Contos do Mundo... 


Pero tivemos unha visita moiiiii estraña.



Lembrades que os axudantes da biblioteca estaban facendo cousas moi raras con papeis de periódico?






















Pois hoxe saímos de dúbidas e presentáronlle aos alumnos/as de educación infantil, un novo libro que a partir de mañá estará na biblioteca.



Imos ver o que fixeron:






Aos pequerrechos do cole encantoulles porque ó final eles tamén contaron o conto!!!


Esperemos que estes axudantes continúen facendo cousas así de divertidas!!!

19 de mar. de 2017

Contos do mundo: A India

Menuda maratón de contos que tivemos estes días...

Hoxe deíxovos o conto que lle contaron os alumnos/as de 2º da ESO ós nosos nenos/as de 6ºA.





Viñeron coa súa profe de Lingua Galega Neves, que 
foi a encargada de introducir a historia.








O conto que nos interpretaron foi de Michael Ende:



Aquí está a montaxe para que vexades o traballo que fixemos:



17 de mar. de 2017

Contos do mundo: Os Polos

Boas lectores/as!!!
A semana pasada viñeron ó cole os alumnos/as de 2º ESO coas súas profes de Lingua e Música (Carmen e Nuria Vázquez).

E fixeron a interpretación e lectura de dous contos moi xeados...


















Pasámolo xenial, aínda que temos que recoñecer que pasamos unha miguiña de medo cando estaban buscando un oso...

video


Aquí deixámosvos as imaxes para que vexades o divertido que foi.



Contos do mundo: Polos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


A onde nos levaran os alumnos/as do IES a próxima vez...?

16 de mar. de 2017

Contos do mundo: Italia

Boas lectores!!!
Temos un novo conto que mostrarvos.
Fai uns días os alumnos/as de 1º da ESO do IES A Sangriña viñeron coa súa profe de galego Menchu a interpretar unha obra de teatro ós alumnos/as de 4 anos do noso cole. 
A obra titulábase: Os tres porquiños en Venecia, e por que en Venecia? Porque os nenos de 4 anos do CEIP A Sangriña están investigando moitas cousas sobre Italia, e saben mooooiiitooooo moitísimo.

Aquí vos deixo unha breve montaxe para que vexades o ben que o pasamos.

15 de mar. de 2017

Mes do amor e amizade

      






O amor é universal.








Este ano celebramos o mes do amor e a amizade escribindo e enviando ós nosos padriños e afillados (lectores) unha postal de amizade...



Enviámolas. 

Os axudantes da biblioteca foron os encargados de abrir o buzón... 



Clasificaron todas as postais para que chegaran ó seu destino sen demora.





CARTEIROS LISTO PARA FACER AS ENTREGAS


Aquí vos deixamos imaxes da entrega das postais!!!


Contos do mundo: Cuba e Exipto

Ola lectores!!!
Este pasado venres tivemos doble viaxe:
Vouvos contar...
A primeira hora da mañá alumnos/as de primeiro de bacharelato do IES A Sangriña viñeron coa súa profe de galego Marisa Guerra para contarlle ós nosos alumnos/as de 5ºB varios contos de Cuba, si , sí... leváronnos a Cuba e nos explicaron por que a Habana se chama así.
Aquí vos deixo unha proba do ben que o pasamos...




Pero aínda hai máis porque rematamos a mañá con outra visita!!!
Alumnos/as de 2º B ESO viñeron co seu profe Juan Ramón Torres a representarnos unha pequena obra de teatro chamada Una momia muy responsable!!!
Foi histórico ver a nosa biblioteca chea de momiiiaaaassss....
Mirade como resultou!!!



Contos do mundo Exipto - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Estate atento porque cada vez nos quedan menos países ós que viaxar, da man dos alumnos/as do IES A Sangriña, quizá para a semana sexa o teu...

9 de mar. de 2017

Novidades de Marzo

 Como cada mes, aquí están as novidades desde mes de marzo.

Resultado de imaxes para libro un gran día de nada

Xa podes pasar a velas e dentro de nada… collelas, disfrutalas, saborealas!!!


NOVIDADES MARZO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

5 de mar. de 2017

Un entroido moi internacional

Este ano o noso entroido foi moooiiiii internacional, o alumnado do noso centro se caracterizou para acercarnos un anaquiño dos diferentes países que están investigando:

Os alumnos de 6ºA viaxaron á India:



Os nenos/as de 5º de primaria tomaron rumbos diferentes. Dirixíndonse nada máis e nada menos que a ... Senegal (5ºA) e a Cuba (5ºB)!!






4º de primaria  colleu rumbo a dous paises moi diferentes: China (4ºA) e Suecia (4ºB)






Os alumnos/as de 3º viaxaron a un país con comidas mooooi picantes.. cal será... México!!!



Os nenos/as de 2º de primaria viaxaron a Portugal, o noso país veciño.



O alumnado de 1º de primaria cruzou o océano Atlántico ata chegar á cuna do entroido... Brasil



E os pequerrechiños do cole viaxaron a Groenlandia (4º EI), Italia (5ºEI) e Australia (6ºEI)








E agora as fotos!!!



Esperamos que vos gustara a reportaxe do noso entroido viaxeiro...