09/02/2017

Seguimos traballando na PDI: Viaxamos polo mundo

Hoxe,  no apartado Contos do Mundo, que se  ven desenvolvendo  desde BiblioPepiño en colaboración coa biblioteca do IES A Sangriña viaxamos a China, concretamente a Macao.

O conto titulado" O segredo da xuventude eterna é a aprendizagen" foi  presentado estupendamente por unha das responsables da biblioteca do IES, María Carneiro. Viña acompañada da lectora de Isabel e do profe de portugués Alberto Viso.

Seguro que estades intrigados pensando  que fan estas persoas relacionadas  co idioma portugués nun conto chinés? Pois a razón é moi sinxela. Unha das cidades chinas, Macao, foi colonia portuguesa hasta o ano 1999. E ali, na China, o portugués é idioma oficial xunto co cantonés chino.

O Profe Alberto ampliou as nosas informacións sobre Macao e a súa historia, costumes...dun xeito moi especial.



Isabel, a lectora, ten unha amiga que vive en Macao que tivo a amabilidade de enviarnos unha carta contándonos como vive  e algunhas cousiñas  de Macao. Tamén nos mandou fotos da cidade.



E chegou o momento de ler o conto. Entre os tres montaron o Kamishibay e... sorpresa. As ilustracións do conto estaban feitas por Lucas, un compañeiro de clase!!! 


O conto foi realmente  moi  interesante, entretido e o mesmo tempo ten unha ensinanza xenial.


No deixes de escoitalo!!! 




Foi unha expereriencia enriquecedora e que ben seguro tardarán en esquecer.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario