03/02/2017

Celebramos o Día da Paz

O pasado día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz para conmemorar o día da morte de Gandhi. 

Gandhi naceu o 2 de outubro de 1869 na India, casou con 13 anos e tivo unha esposa durante mais de 60 anos.

Estudiou nunha escola da India e máis tarde a carreira de dereito en Londres.

En 1893 marchou a África onde homes e mulleres de raza negra e hindúes eran maltratados, alí comezou a súa loita cunha arma moi especial: A verdade.
O seu desexo foi que a India se independizara de Gran Bretaña xa que os musulmáns querían crear un novo país.

Gandhi foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948 de aí que o día de hoxe se celebre o día da PAZ.
Neste día quixemos recordar a necesidade da educación para a tolerancia, da solidariedade e respecto dos Dereitos Humanos da non violencia e da Paz. 

Para conmemorar esta data catro axudantes de BiblioPepiño fixeron e narraron para todos/as os/as nenos/as do cole, unha adaptación do conto: A BRUXA DISCORDIA de Mamá Cabra e Carmen Gil,  enlazándoo co noso proxecto: Viaxamos polo Mundo. 

Aquí volo deixamos para que vexades o resultado.



Así como algunhas imaxes coas que podedes ver que ben o pasamos todos xuntos no salón de actos:




Rematamos o día coa interpretación do BAILE DA PAZ (Mama Cabra)



Ningún comentario:

Publicar un comentario