27 de feb. de 2017

Contos do mundo: Australia

Boas rapaces e rapazas!!!

O pasado día 21 de febreiro visitáronnos os alumnos/as de 1ºB da ESO  e a súa profe de galego Menchu, para continuar cos Contos do Mundo, esta vez os nenos/as de cinco anos viaxaron a Australia da súa man.

Aquí vos deixamos unha galería de imaxes para que vexades o ben que o pasamos...



Vémonos o próximo mes, viaxando a....    SORPRESA!!!

24 de feb. de 2017

De viaxe por Exipto

Ola rapaces e rapazas!

Como sabedes este ano, dende BiblioPepiño, estamos levando a cabo a P.D.I." Viaxamos polo mundo"

Nestas datas e aproveitando a celebración do Entroido os alumnos de 6ºB,   fixeron un photocoll, que  puxeron na entrada do cole, ao lado do mural do Proxecto e invitáronvos a viaxar con eles a Exipto.


Aquí están as vosas fotos de recordo!













17 de feb. de 2017

Contos do mundo: Viaxamos a Brasil

Ola rapaces:

Hoxe quérovos contar a onde me levaron o pasado martes os alumnos/as e profes do IES A Sangriña, enmarcado no noso proxecto de biblioteca, viaxamos a...Brasil!!!!


Si, si, a Brasil... ese país situado na outra beira do Atlántico, onde celebran un entroido espectacular e teñen unhas praias aluciantes. 








O profe Denís Vicente, que vivíu dous anos alí, na cidade de Río de Janeiro achegouse a contarllelo  aos alumno/as de primeiro.









Mirade que atentos estaban todos!



Despois da explicación de Brasil, o profe Denís coa colaboración da profe María Carneiro contáronnos dous contos tradicionais de Brasil.

Deixámosvos estas fotiños como recordo

E para rematar a sesión... SAMBA!!!!
Os alumnos/as do IES co seu profe de música Alfredo Garrido interpretaron a SAMBALELÉ.




Pero os/as nenos/as de primeiro tamén quixeron agasallar aos profes que nos acompañaron nesta viaxe a Brasil...










Lémonos a próxima semana cunha nova viaxe!!! 

15 de feb. de 2017

Un rincón con moito amor!

Nestas semanas  temos un recuncho moi especial. Esta cheo de libros cargadiños de amor.



Están a túa disposición. Podes lelos no recreo, levalos para clase.. 







Non deixes de


 lelos!!





E... recorda que o  amor, amizade son uns bos motores para que a nosa vida sexa mellor.

Ponos en marcha!!!  

9 de feb. de 2017

Seguimos traballando na PDI: Viaxamos polo mundo

Hoxe,  no apartado Contos do Mundo, que se  ven desenvolvendo  desde BiblioPepiño en colaboración coa biblioteca do IES A Sangriña viaxamos a China, concretamente a Macao.

O conto titulado" O segredo da xuventude eterna é a aprendizagen" foi  presentado estupendamente por unha das responsables da biblioteca do IES, María Carneiro. Viña acompañada da lectora de Isabel e do profe de portugués Alberto Viso.

Seguro que estades intrigados pensando  que fan estas persoas relacionadas  co idioma portugués nun conto chinés? Pois a razón é moi sinxela. Unha das cidades chinas, Macao, foi colonia portuguesa hasta o ano 1999. E ali, na China, o portugués é idioma oficial xunto co cantonés chino.

O Profe Alberto ampliou as nosas informacións sobre Macao e a súa historia, costumes...dun xeito moi especial.



Isabel, a lectora, ten unha amiga que vive en Macao que tivo a amabilidade de enviarnos unha carta contándonos como vive  e algunhas cousiñas  de Macao. Tamén nos mandou fotos da cidade.



E chegou o momento de ler o conto. Entre os tres montaron o Kamishibay e... sorpresa. As ilustracións do conto estaban feitas por Lucas, un compañeiro de clase!!! 


O conto foi realmente  moi  interesante, entretido e o mesmo tempo ten unha ensinanza xenial.


No deixes de escoitalo!!! 




Foi unha expereriencia enriquecedora e que ben seguro tardarán en esquecer.

 


5 de feb. de 2017

Novidades do mes de febreiro

Boas tardes rapaces e rapazas!!!

Traemos un enlace coas novidades que xa están á vosa disposición dende este mes de febreiro na biblioteca!!!

Lembrade que podedes facer as vosas suxerencias dende o blog de BiblioPepiño!!

Que estarán tramando estes axudantes?

O venres pasado pasaron cousas curiosas en BiblioPepiño...

Os axudantes tolearon!!! Todo era cinta de carrocero e xornais... 

¿Que andarán a tramar?

 

Prontiño o saberedes... estade atentos!!!

4 de feb. de 2017

Contos do mundo: Viaxamos a Portugal

O pasado xoves comezamos os Contos polo Mundo, actividade enmarcada na nosa PDI: Viaxamos polo mundo.

Nesta ocasión viaxamos a Portugal coa historia de: O MACACO DO RABO CORTADO. Interpretado polos alumnos de 1º de Bacherelato do IES A Sangriña.

Foi unha mañá inesquecible!!!








Para rematar e de sorpresa o alumnos/as de segundo (que son os que este curso viaxan a Portugal) interpretaron a canción portuguesa: O PITINHO AMARELINHO para este público tan especial.



Estivemos encantados coa vosa visita!!!
Vémonos a próxima semana con novas aventuras viaxeiras!!!

Contos do mundo


Durante os meses de febreiro e marzo teremos o privilexio de disfrutar de historias do mundo mundial contadas por alumnos/as e mestres/as do IES A Sangriña.
Esta idea xurdiu o pasado mes de novembro durante unhas xornadas de formación coa finalidade de fomentar a lectura de toda a comunidade educativa e de aproveitar a cercanía da que dispoñemos os dous centros.
Aproveitando a posibilidade lingüística que nos dan os alumnos/as do IES, estes virán ó noso centro a contarnos historias, contos... relacionados cos países que investigan as distintas aulas do noso centro: Portugal, Australia, México, China...
Aquí vos deixamos o calendario cos diferentes países e contos ós que imos viaxar!!!


Estade atento que aquí vos contaremos todas as visitas!!!

3 de feb. de 2017

Celebramos o Día da Paz

O pasado día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz para conmemorar o día da morte de Gandhi. 

Gandhi naceu o 2 de outubro de 1869 na India, casou con 13 anos e tivo unha esposa durante mais de 60 anos.

Estudiou nunha escola da India e máis tarde a carreira de dereito en Londres.

En 1893 marchou a África onde homes e mulleres de raza negra e hindúes eran maltratados, alí comezou a súa loita cunha arma moi especial: A verdade.
O seu desexo foi que a India se independizara de Gran Bretaña xa que os musulmáns querían crear un novo país.

Gandhi foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948 de aí que o día de hoxe se celebre o día da PAZ.
Neste día quixemos recordar a necesidade da educación para a tolerancia, da solidariedade e respecto dos Dereitos Humanos da non violencia e da Paz. 

Para conmemorar esta data catro axudantes de BiblioPepiño fixeron e narraron para todos/as os/as nenos/as do cole, unha adaptación do conto: A BRUXA DISCORDIA de Mamá Cabra e Carmen Gil,  enlazándoo co noso proxecto: Viaxamos polo Mundo. 

Aquí volo deixamos para que vexades o resultado.



Así como algunhas imaxes coas que podedes ver que ben o pasamos todos xuntos no salón de actos:




Rematamos o día coa interpretación do BAILE DA PAZ (Mama Cabra)



Novos colaboradores!!!

Estes rapaces e rapazas son os novos colaboradores do Equipo de Biblioteca.




Eles van perder minutos da hora do recreo para facer diversas actividades:
       
           Préstamos de libros.
                   Colaborar nas actividades de animación á lectura.
                             Manter a biblioteca ordenada.
                                        Recomendarvos libros, películas...

A súa labor é moi, moi importante e necesaria.


Sempre que teñades unha dúbida, unha suxerencia, unha idea... preguntádelles, decídello, contádello.


E sobre todo, valorádeos!!!