26 de xuño de 2017

O CEIP A Sangriña de viaxe polo mundo

Rematamos o curso, e con el a nosa viaxe polo mundo, e como non podía ser menos, fíxemolo cunha gran celebración internacional!!!

O pasado xoves e venres tivemos o pracer de desfrutar do noso FESTIVAL VIAXEIRO, no centro cultural da nosa vila, onde cada curso nos mostrou da man da profe Rosa algunha das danzas e obras de cada país.

Aquí vos deixamos as gravacións para as poidades ver e requetever as veces que queirades.

Noraboa polo voso traballo!!!



Vémonos en setembro cun novo proxecto por descubrir!!

Groenlandia (4º educación infantil)



Italia (5º educación infantil)



Australia (6º Educación infantil)



Brasil (1º Educación Primaria)




Portugal (2º Educación Primaria)



México (3º Educación Primaria)




China (4ºA Educación Primaria)

 

Suecia (4ºB Educación Primaria)





Cuba (5ºA Educación Primaria)



 Senegal (5ºB Educación Primaria)



Exipto (6ºA Educación Primaria)




 India (6ºB Educación Primaria)



As mamis e avoas  tamén se animaro a participar nesta danza improvisadamente. 


Mirade que ben o pasaron!!!




E agora unha galería fotográfica que recolle momentos inolvidables e divertidos



19 de xuño de 2017

Programación final de curso

Rematamos o curso cunha semana mooooiiii viaxeira, deixámosvos o programa para que non vos perdades nadiña de interese.



Making Friends by wendholin

13 de xuño de 2017

Remate do curso...

E colorín colorado este curso está, casi, rematado....


Rematámolo cunha exposición dos cadernos viaxeiros, para que non queden esquecidas nun caixón as marabillosas aportacións das familias.







Fixemos recopilación dos libros máis lidos este curso.






E por primeira vez daremos un agasallo ás tres rapazas máis lectoras deste curso.




 Noraboa rapazas!!!!

Recopilación de Contos do Mundo

Como todos sabemos, notamos, sentimos e cheiramos... o fin de curso está a piques de chegar, e dende o IES A Sangriña envíannos unha marabillosa presentación como final do noso traballo conxunto: Contos do mundo enmarcado dentro da nosa PDI: Viaxamos polo mundo.

Deixámosvos a mostra para que xulguedes vós mismo o resultado.

Encántanos!!!



Máis do obradoiro de Booktrailers

Aquí está a mostra gráfica do ben que o pasamos aprendendo no obradoiro de elaboración de booktrailers con María Lobo o pasado dous de xuño!.





Esta é a mostra dun booktrailer feito con moitas ganas e ilusión por un grupo dos nosos colaboradores de biblio.



7 de xuño de 2017

Obradoiro de Booktrailers

O pasado 2 de xuño, puidemos disfrutar dun Obradoiro de elaboración BookTrailers como premio pola nosa selección no Voluntariado de lectura-A.



Ás 8:30 da mañá xa nos acompañaba María Lobo de Gingko para explicarnos todo o que iamos facer ao longo da mañá.


Iamos gravar, buscar, elixir e gardar, imaxes e vídeos para montar un booktrailer.


Que non sabedes o que é? Nós tampouco o sabíamos pero agora xa si, é a presentación dun libro, pero deixando no aire intriga para animar á xente a que o lea.

E nós encargámonos de dar os primeiros pasos neste ámbito. 

Aquí van un par de gravacións. 







Próximamente seguiremos publicandooooo.

Animádevos a ler... Nos libros hai cousas fantásticas!!!

27 de maio de 2017

A galiña azul chegou A Guarda!!!

Un dos contos de Carlos Casares máis coñecidos polos nenos e nenas é : A GALIÑA AZUL


O Concello da Guarda, convidou a todos os cativos e cativas da vila, a disfrutar da representación desta magnífica obra no auditorio de San Benito.

Como o propio libro a representación comezou coa lectura dunhas cartas enviada a unha nena: Ana. Nelas, entre outras cousiñas, Carlos Casares  recordáballe que nunca se esquecera do idioma galego.

Pouco a pouco, e para ledicia dos nenos, foron aparecendo cada unha das personaxes:  Leoncio, a galiña azul coas cinco plumas vermellas nunha á, a formiga esquiadora....











Canto disfrutaron!!!



23 de maio de 2017

Premio Voluntariado de lectura -A

Por todo o voso esforzo e implicación coa biblioteca  ao longo deste curso 2016-2017 ...fomos elixidos como un dos oito centros con MEGACOLABORADORES de biblioteca.


Foron meses de traballo, formación, ilusións, colaboración, inquedanzas, desganas e risas... Porque todo non ía ser traballar.

Só temos para vós palabras de agradecemento e moito, moito cariño.


Parabéns, campións!!!


En breve agárdavos unha sorpresa como premio. 





22 de maio de 2017

Homenaxeamos a Koki

Koki é un home guardés que dende ven pequeno lle gusta escribir poesías.
Desde fai uns trinta  anos traballa e reside en Estados Unidos aínda que pasa longas tempadas aquí, na Guarda.

 Este ano,  os centros educativos,  elixímolo a el  para homenaxealo  polo Día das Letras Galegas.


Os alumnos/as dos diferentes cursos do noso cole realizaron unha interpretación plástica das súas obras e xunto cos outros centros da vila montaron unha exposición no Centro Cultural.



















Despois de visitar a exposición, Koki achegouse ao cole para contarnos  cousiñas sobre el e a súa obra. Despois contestounos a todas as preguntas que lle fixemos.





21 de maio de 2017

Lembrando experiencias




EXPERIENCIA 1
Que sei de Carlos Casares,  
le cousas da súa vida   
escribe datos e non pares
e así non se che olvida




EXPERIENCIA 2
Paseo lector
para coñecelo mellor
percorro a escola
porque o pan mola








EXPERIENCIA 3

Coa galiña azul
pinto galiñas
especial como o tul
cocorocó e graciñas!


EXPERIENCIA 4

Decorando laranxiñas
Pinto  laranxas
redondiñas quedan bonitiñas
penduradas dunha tanza






EXPERIENCIA 5
Entro no recuncho
para a información consultar 
xuntarme cos amigos,
poñerme a parolar








EXPERIENCIA 6
Roscón de preguntas
póñome a concursar
as letras do alfabeto xuntas
todas as quero acertar








EXPERIENCIA 7

O libro princiviaxeiro
páxina a páxina, debuxo a debuxo
percorre o mundo enteiro
pois vaia un luxo!






EXPERIENCIA 8
Na fotografía literaria
coas familias en colaboración
montamos unha exposición




EXPERIENCIA 9

No teatro das laranxas
alumnos do club de lectura
en todos os ensaios
delas andaron á procura



EXPERIENCIA 10
Atópase na entrada
O tren vai e vén
á xente deixa pasmada
pola vía vén




15 de maio de 2017

Reto: Facemos un conto?

Sodes un bos coñecedores de Carlos Casares e  a súa obra.
 
Temos un reto para vos.  Seguro que estades pensando... En que consiste? 


Non vos preocupedes, é moi fácil. 


Despois do atentos e participativos que estivechedes na charla con Hakan Casares seguro que recordades unha morea de datos e anécdotas que vos sorprenderon, chamaron a atención, que vos desconcertaron, que espertaron a vosa imaxinación...


VAI O RETO! Deixádevos levar por esa marabillosa imaxinación, por esa memoria de elefante e por estos vídeos da visita  para  FACER UN CONTO SOBRE A VIDA DE CASARES. 


 




























O Martes  día 23,  é o derradeiro día para entregalos na biblioteca.

Que impacientes estamos!!!  


Seguro que nos sorprendedes como é habitual.


12 de maio de 2017

Que delicia a visita de Hakan Casares

O pasado venres, un grupo de alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria, reuniamonos  na biblioteca do  cole, non por casualidade; elixímola porque   era o lugar onde Carlos Casares pasou máis tempo na súa etapa de estudante.


Pero, por que estabamos alí?



Porque esperabamos impacientes e moi ilusionados a visita de Hakan Casares. 







Nada máis chegar, presentámolo como o merece unha persoa tan especial nestas datas.




En seguida nos engaiolou  contando a vida de seu pai como se de un conto se tratase, coa súa presenza, cos seus xestos, coa súa mirada, co cariño con que o contaba.













 Sentímolo cerca  e infiltrouse nos nosos pensamentos que xunto coas súas propias opinións deron forma a unha historia real e conmovedora manifesta no brillo dos ollos de todos os asistentes. 




No seu discurso transmitiunos a importancia de ler para formarnos como persoas e decatarnos de que calquera de nós pode ter capacidade para escribir mellor se somos bos amigos da lectura. 






Sorprendeunos moitísimo

cando nos contou que seu pai foi merecedor da chave da biblioteca porque pasaba moitas horas alí.






A presenza de Hakan constituiu un reflexo vivo de Carlos Casares. Amosounos con gran entusiasmo como o seu pai trataba as persoas: con respecto, con agarimo, cercanía... destacando como a súa mellor virtude, a boa persoa que era. 






A continuación, os nenos, iniciamos unha ronda de preguntas que recollían as nosas inquedanzas sobre a vida e obra de Carlos Casares. El foi contestándoas unha a unha e satisfacendo a nosa curiosidade.







Para rematar o acto, agasallámolo cun caderno co resumo das actividades, as nosas impresións , debuxos, recordos e fotos polo que se mostrou entusiasmado e agradecido como o puxo de manifesto. 





Tamén se brindou a entregar o agasallo ao gañador do concurso fotográfico" Interpreta a obra de Carlos Casares"



 E asiñoulle o libro Este é Toribio de Carlos Casares

Non podíamos quedar sen estas fotos para o recordo!!



Antes de despedirse, quixo coñecer de primeira man as distintas experiencias que se están a levar a cabo no cole para achegarnos e descubrir a Carlos Casares.



 A pluma do escritor debe estar sempre ao servizo da liberdade dos homes.


Graciñas por transmitirnos as túas vivencias e achegarnos un chisco máis á vida de Carlos Casares, teu pai, dun xeito tan cariñoso e afable.