27/04/2016

Outra actividade para celebrar o Día do Libro!

Durante esta semana e a pasada visitamos a Biblioteca Municipal, convidados polo Concello.

A bibliotecaria, Mari Sol, recibiunos e de seguido amosounos a biblioteca e pouco a pouco foinos ensinando os distintos recunchos, explicounos o seu funcionamento, como clasifica e identifica os libros,..
Animounos  a visitar a biblioteca cando queiramos e algúns de nós que non tiñamos carné levamos a foto e os nosos datos para facernos socios.

Foi unha visita moi interesante! 


E para rematar un poemiña
A biblioteca
Xuntos na biblioteca
están sempre alí agardando
que algunha manciña inqueda
decida ir a espertalos.

As súas follas son ventaíñas
que se abren con ledicia
para levarnos a un mundo 
de aventura e fantasía.

As veces leo con bruxas
outras veces, cos planetas,
con princesas, con animais
ou con un neno en bicicleta.

Por favor, non me interrompas,
déixame agora tranquila
que quero ler un libro

e compartilo contigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario