17/04/2016

Día do Libro

Para todos nós o vindeiro día 23, é un día superespecial!

Sabedes por que, verdade?

Por que celebramos o Día do Libro!
E tanto se é pequeno, grande, delgado, gordo, novo, vello, prestado, mercado...Un libro sempre nos aporta algo, danos sabiduría, desenvolve a nosa imaxinación, danos novas ideas...

Pero, desde cando se celebra o Día do Libro?

A idea orixinal da celebración do Día do Libro nace en Cataluña, da man do escritor valenciano Vicente Clavel, que propón a idea á Cámara oficial do Libro de Barcelona en 1923 e foi aprobada polo rei Alfonso XIII en 1926.
Instaurase definitivamente en 1930, a data do 23 de abril por coincidir o falecemento, en 1616 de tres fantásticos escritores, Miguel de Cervantes, Wiliam Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis mozos, a descubrir o pracer da lectura.

Para seguir a celebración, queremos compartir con todos vos dous agasallos. Non creades que é un libro e unha flor, non.

En primeiro lugar, unhas curtametraxes, coas que esperamos que pasades un ratiño estupendo.







 E en segundo lugar, uns videos feitos polos axudantes da biblio e os alumnos de 3º  de primaria, nos que o libro é o protagonista.





Ningún comentario:

Publicar un comentario