19/06/2015

FELIZ DESCANSO!!!




A Biblioteca quere desexar a toda a comunidade educativa un feliz e proveitoso descanso que nos sirva para recargar enerxías de cara ó vindeiro curso.

              Lémonos á volta!!!


Sen esquecer isto....





QUE PASEDES UN VERÁN RODEADO DE LIBROS!!!

18/06/2015

SEMPRE BEN ACOMPAÑADOS...UN LIBRO PARA EMPEZAR

Achégase o verán, e, dende a Biblio, invitámosvos a descansar na boa compaña destes libros que deixamos na guía e doutros que poderedes consultar na BIBLIOTECA MUNICIPAL.

(EN GRANDE NAS 2 FRECHAS)




BOAS LECTURAS!!!

17/06/2015

DESPEDIDA DOS AXUDANTES

Un curso que remata, comenzan as despedidas.....Aquí temos ós nosos axudantes deste curso. Coma sempre, fixeron un estupendo traballo, coma sempre, a Biblio failles un pequeno recoñecemento: un diploma e....un libro claro!!!




MOITAS GRAZAS RAPACES!!!!!

UN AGASALLO PARA OS NENOS DE 2º DE PRIMARIA

Os nen@s de segundo agasallaron aos seus compañeiros  coa lectura da súa  adaptación da obra de Miguel de Cervantes, Don Quixote  da Mancha. Pincha na imaxe


16/06/2015

DON QUIXOTE NO KAMISHIBAI!

Os alumn@os de Infantil de cinco anos e os de segundo de primaria seguen traballando no Proxecto "Don Quixote coas TIC". Clica na imaxe


15/06/2015

QUE O CONTE DULCINEA!

Os alumnos de Infantil e segundo de primaria,  desfrutaron con esta fantástica animación sobre Don Quixote, na que  participaron activamente despois de todo o que levan investigado e traballado sobre esta maxistral obra de Miguel de Cervantes , na súa P.D.I Don Quixote coas Tic . Clica na imaxe ou no enlace para saber máis.


14/06/2015

DON QUIXOTE: UN CAPÍTULO CADA DÍA!

Para coñecer a novela de Don Quixote, nada mellor que a súa lectura. Un capítulo cada díaParticiparon na mesma, nenos, nais e profes. Graciñas a todos pola vosa colaboración.


O profe Guillermo, o encargado da biblio, leunos este capítulo cheo de intriga. 

10/06/2015

VISITOUNOS ANXO MOURE

A piques de rematar o curso, recibimos unha visita moi especial: ANXO MOURE .Os nen@s de Infantil, foron os encargados de facer o cartel anunciador...que lles quedou ben fermoso!!






Chegou montado no seu NUBINETE.

Este autor e contacontos, percorre as escolas co obxectivo de sensibilizar e concienciar aos nenos e nenas sobre a necesidade dun compromiso solidario coa natureza, a xusticia e a liberdade, empregando como ferramentas a poesía, o conto, o humor, a mímica...para construír un mundo real de respecto e coidado medioambiental.


Fixo as delicias de tod@s....algo moi dificil, xa que estivo con todo o alumnado do Centro 
dende Infantil a 6º e, a todos cautivou. Miles de grazas!!!!!.

Invitounos tamén a coñecer a súa páxina  CONTOS SOLIDARIOS, un proxecto cultural e medioambiental.


Aquí deixamos as imaxes, rematando así...

"un curso de cine"