29 de nov. de 2011

UN AGASALLO PARA A BIBLIOTECA

Se vos achegades á Biblio, veredes este debuxo na porta.

IMPRESIONANTE!!!!!!!!!!!!!!!!

                               
 Foi un agasallo que nos quixo facer a PROFE LAURA de A.L, que é unha ARTISTAZA como pdedes ver porque está cheiño de detalles ...ata está Pepiño!

En fin, que parece unha foto pero non é....
MILES DE GRAZAS PROFE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

25 de nov. de 2011

ACÉRCASE O NADAL!!!

Está chegando! Pouco falta! Xa estamos empezando a encher de nadal a entrada do cole coas postais que fan os nen@s e as súas familias. Pronto poremos as imaxes.

Mentras tanto, aquí vos deixo estes LIM (Libros Interactivos Multimedia) cargadiños de actividades para facer en rede.
CLICADE POR RIBA:
BO NADAL; Feito por Belén Junquera para que o disfruten os máis pequechos.

CELEBRAMOS O NADAL: Feito por Ana Martinez Rey para todos os ciclos e que ten ó final...unha sorpresiña!

Se clicades aquí, teredes acceso a unha morea de cousiñas relacionadas co noso Nadal: panxoliñas, teatro, contos,...
COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

GRAZAS A BELÉN ,ANA E Á COORNINADORA GALEGA DE ENDL POR DEIXARNOS COMPARTIR O SEU TRABALLO!!!
DISFRUTÁDEOS MOITO NEN@S!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

18 de nov. de 2011

PREMIAD@S NO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Anque foi difícil, xa está resolto!. NORABOA A TODO O ALUMNADO, fixeron uns marcapáxinas magníficos pero claro, había que elexir e aquí están os gañadores e os seus traballos.
ERIKA DOMINGUEZ GÓMEZ-E.INFANTIL

MIGUEL DE LORENZO SERRANO-1º CICLO



NAYARA DIEGO RODRIGUEZ-2º CICLO
ÓSCAR RIVEIRO ALONSO-3º CICLO


Hoxe no recreo, recibiron un libriño cada un de agasallo e, tan pronto como estean preparadas as copias dos marcapáxinas, repartirémolos entre tod@s.

 FELICIDADES ÓS CATRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

9 de nov. de 2011

MÁIS ACHEGAS DO SAMAÍN

Esta vez é o alumnado de 6ºA o que nos fai chegar as investigacións que fixeron sobre a orixe do Samaín.






BO TRABALLO RAPACES!!!!

4 de nov. de 2011

UN AGASALLO MOI ESPECIAL

Onte os nenos e nenas de 1º, ó chegar á clase, atoparon...UNHA CARTA DE PEPIÑO! e...¿que dicía?...Pois que lles deixaba un agasallo e que estaba na Biblioteca.

E...sen esperar máis, foron alá!. Acompañados da súa mestra ANA, destaparon o agasallo e...

Que pasada!!!    UN LIBRO XIGANTE!!!





CLARO... como xa saben ler!.... ¿Como o sabe Pepiño?  Xa, xa...É MÁXICO!!!!

GRAZAS PEPIÑO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

1 de nov. de 2011

O MAGOSTO

O día 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos unha das festas máis populares galegas: O MAGOSTO.

Aquí vos deixo uns enlaces de actividades CHULÍSIMAS para que aprendades xogando unha chea de cousas sobre esta festa tan nosa. Hai para todas as idades dende os máis pequechos ata os maiores.

GRAZAS A TOD@S POR COMPARTIR TANTA INFORMACIÓN! E AGORA...

CLICA SEN MEDO!!!!!!!!!!!!!!!!!

COUSAS DO MAGOSTO (ACTIVIDADES LIM PARA TODOS OS CICLOS)

MÁIS COUSAS DO MAGOSTO CON MÁIS ACTIVIDADES (2º e 3º CICLO)

CONTO CON ACTIVIDADES (NA PÁXINA DO COLE TÉDELO LISTO PARA LER)

TEMPO DOS MAGOSTOS (COMPLETÍSIMA INFORMACIÓN CON ADIVIÑAS, CANTIGAS, POEMAS,CONTOS, CRENZAS, GASTRONOMÍA...)