19/12/2011

PASATEMPOS PARA NADAL


Nestes días de descanso, aproveitade para desconectar un pouco con estas páxinas de pasatempos que vos deixo pero non vos esquezades do voso LIBRO, para ler un pouco todos os días.

CLICA QUE CHE VAN GUSTAR!!!!!!!!!!!!!!!

1)XOGOS VARIADOS
2)MÁIS XOGOS
3)JUEGOS EDUCATIVOS DE NAVIDAD

FELIZ DESCANSO!!
BO NADAL!!

17/12/2011

GUÍA DE NADAL

Aquí vos deidamos as nosas recomendacións de lecturas para que as incluades na carta ós REIS MAGOS ou na de PAPÁ NOEL. Merecen a pena!!!!!!!!!!!!!

13/12/2011

FELICITACIÓN NAVIDEÑA

O Equipo da Biblioteca quere desexar a toda a comunidade educativa unhas FELICES FESTAS e que no vindeiro ano 2012, se fagan realidade os desexos de tod@s. Adornamos este desexo con estas preciosas imaxes navideñas nas que toda a comunidade educativa participou. DISFRUTÁDEAS MOITO!!!! (CLICAR NAS FLECHAS PARA VELA A PANTALLA COMPLETA E ACTIVAR A MÚSICA!)

05/12/2011

NADAL DE LUINTRA

Con esta fermosísima panxoliña galega interpretada por BERROGÜETTO, acercámonos máis a este Nadal, que xa está cada vez máis próximo. (As imaxes do video pertencen á película NATIVIDAD, LA HISTORIA de CATHERINE HARDWICE) QUE O DISFRUTEDES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

29/11/2011

UN AGASALLO PARA A BIBLIOTECA

Se vos achegades á Biblio, veredes este debuxo na porta.

IMPRESIONANTE!!!!!!!!!!!!!!!!

                               
 Foi un agasallo que nos quixo facer a PROFE LAURA de A.L, que é unha ARTISTAZA como pdedes ver porque está cheiño de detalles ...ata está Pepiño!

En fin, que parece unha foto pero non é....
MILES DE GRAZAS PROFE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

25/11/2011

ACÉRCASE O NADAL!!!

Está chegando! Pouco falta! Xa estamos empezando a encher de nadal a entrada do cole coas postais que fan os nen@s e as súas familias. Pronto poremos as imaxes.

Mentras tanto, aquí vos deixo estes LIM (Libros Interactivos Multimedia) cargadiños de actividades para facer en rede.
CLICADE POR RIBA:
BO NADAL; Feito por Belén Junquera para que o disfruten os máis pequechos.

CELEBRAMOS O NADAL: Feito por Ana Martinez Rey para todos os ciclos e que ten ó final...unha sorpresiña!

Se clicades aquí, teredes acceso a unha morea de cousiñas relacionadas co noso Nadal: panxoliñas, teatro, contos,...
COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

GRAZAS A BELÉN ,ANA E Á COORNINADORA GALEGA DE ENDL POR DEIXARNOS COMPARTIR O SEU TRABALLO!!!
DISFRUTÁDEOS MOITO NEN@S!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

18/11/2011

PREMIAD@S NO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Anque foi difícil, xa está resolto!. NORABOA A TODO O ALUMNADO, fixeron uns marcapáxinas magníficos pero claro, había que elexir e aquí están os gañadores e os seus traballos.
ERIKA DOMINGUEZ GÓMEZ-E.INFANTIL

MIGUEL DE LORENZO SERRANO-1º CICLO



NAYARA DIEGO RODRIGUEZ-2º CICLO
ÓSCAR RIVEIRO ALONSO-3º CICLO


Hoxe no recreo, recibiron un libriño cada un de agasallo e, tan pronto como estean preparadas as copias dos marcapáxinas, repartirémolos entre tod@s.

 FELICIDADES ÓS CATRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

09/11/2011

MÁIS ACHEGAS DO SAMAÍN

Esta vez é o alumnado de 6ºA o que nos fai chegar as investigacións que fixeron sobre a orixe do Samaín.






BO TRABALLO RAPACES!!!!

04/11/2011

UN AGASALLO MOI ESPECIAL

Onte os nenos e nenas de 1º, ó chegar á clase, atoparon...UNHA CARTA DE PEPIÑO! e...¿que dicía?...Pois que lles deixaba un agasallo e que estaba na Biblioteca.

E...sen esperar máis, foron alá!. Acompañados da súa mestra ANA, destaparon o agasallo e...

Que pasada!!!    UN LIBRO XIGANTE!!!





CLARO... como xa saben ler!.... ¿Como o sabe Pepiño?  Xa, xa...É MÁXICO!!!!

GRAZAS PEPIÑO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

01/11/2011

O MAGOSTO

O día 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos unha das festas máis populares galegas: O MAGOSTO.

Aquí vos deixo uns enlaces de actividades CHULÍSIMAS para que aprendades xogando unha chea de cousas sobre esta festa tan nosa. Hai para todas as idades dende os máis pequechos ata os maiores.

GRAZAS A TOD@S POR COMPARTIR TANTA INFORMACIÓN! E AGORA...

CLICA SEN MEDO!!!!!!!!!!!!!!!!!

COUSAS DO MAGOSTO (ACTIVIDADES LIM PARA TODOS OS CICLOS)

MÁIS COUSAS DO MAGOSTO CON MÁIS ACTIVIDADES (2º e 3º CICLO)

CONTO CON ACTIVIDADES (NA PÁXINA DO COLE TÉDELO LISTO PARA LER)

TEMPO DOS MAGOSTOS (COMPLETÍSIMA INFORMACIÓN CON ADIVIÑAS, CANTIGAS, POEMAS,CONTOS, CRENZAS, GASTRONOMÍA...)


30/10/2011

INVESTIGACIÓN E ILUSTRACIÓN SOBRE O SAMAÍN

Chéganos este fermoso traballo de investigación e ilustración que fixo o alumnado de 4º A para o proxecto COMENIUS REGIO no que está inmerso o Centro. Descubrimos da súa man que é o Samaín, que son as cabazas e unha lenda relacionada co tema. Tamén recolleron e ilustraron poesías con temática de medo e unha canción, todas de autores ben coñecidos por eles. ¿A QUE LLES QUEDOU MOI PRECIOSO?

22/10/2011

CONTO VIAXEIRO: VIAXE NO TEMPO.

Este é o 2º ano que facemos, todo o alumnado do Centro un conto que, como vai de aula en aula, demos en chamar CONTO VIAXEIRO.

O luns 24, DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, xuntarémonos todos no salón de actos para velo ...na pantalla grande!!

Damos as grazas á profe LUCÍA de Infantil, que como boa coordinadora do Equipo TIC se encargou da montaxe.

MIRÁDEO CON MOITA ATENCIÓN PORQUE MERECE A PENA!!!

20/10/2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMENZARON A SÚA ANDAINA.

Hoxe, xoves 20 de outubro, as MOCHILAS VIAXEIRAS emprenderon a viaxe na que, semana a semana, percorrerán as casas dos nosos nenos e nenas dende Infantil ata 6º.



Ían cheas de contos, poesías, música, pelis, revistas...... Non van parar ata fin de curso e chegarán seguramente cargadas de moitas anotacións nos CADERNOS VIAXEIROS que con tanta ilusión contan as nosas familias.
BOA VIAXE!!!!!! e...

BOAS LECTURAS!!!!!!!!!!

14/10/2011

SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de OUTUBRO celebramos o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Por 3º ano, organizamos no Centro unha chea de actividades e convertimos ese día na nosa particular:
SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (17-24 OUTUBRO).
O programa é o seguinte:

*Comenzarán a viaxar as MOCHILAS VIAXEIRAS para encher de boas lecturas as casas do noso alumnado.

*Levamos tempo facendo nas aulas un CONCURSO DE MARCAPÁXINAS, que agora toca resolver para dar un premio por ciclo: os marcapáxinas gañadores, un por ciclo, levaranse á imprenta e repartiranse entre todo o alumnado.

*Durante toda a semana, teremos a III SESIÓNS DE CONTACONTOS, na que os nosos pequechos, disfrutarán coas cousas que os máis maiores lles teñen preparadas. Xa poremos as fotos!!

*Pecharemos a semana proxectando o CONTO VIAXEIRO que fixemos o curso pasado o LUNS 24 na Hora de Ler, no Salón de actos.

A DISFRUTAR TOD@S!!!!!

13/10/2011

POÑÉMOSLLE MÚSICA Ó SAMAÍN!!!!

Dende a  BIBLIOTECA MESTRES GOLDAR, chéganos este vídeo sobre o SAMAÍN baseado na canción do grupo MAMÁ CABRA.(Se queres vela máis grande, clica encima)

     Se pinchades neste enlace, tedes a letra:                CANCIÓN DO SAMAÍN-MAMÁ CABRA

MIL GRAZAS POR COMPARTILA!!!!!!!

07/10/2011

O MELLOR CONTACONTOS DO MUNDO MUNDIAL!!!!!!!

Co comezo do novo curso, retomamos no Centro a HORA DE LER, un tempo, despois do recreo no que o alumnado disfruta da lectura.

Os nosos pequenos disfrutan enormemente este momento da mañá, no que o protagonista principal é o noso mellor contacontos, O PROFE JOSE que lles fai vivir momentos emocionantes, cheos de maxia como se pode ver na foto.

NORABOA PROFE!!!   MIL GRAZAS POLO ESFORZO!!!!!

05/10/2011

CHEGA O SAMAÍN!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Acabouse o verán. Chega o outono. Marcha a calor e chega o frío, as conversas a carón do lume, as castañas, as cabazas, os contos de medo....O SAMAÍN.
A Biblioteca, achégavos uns ENLACES para saber máis desta festa nosa, antecedente do Halloween americano.

INVESTIGA NAS SÚAS ORIXES, CLICA: http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html
QUE SABEMOS DAS CABAZAS? CLICA:http://gl.wikipedia.org/wiki/Cabaza

LIBRIÑO CUNHA CHEA DE ACTIVIDADES, CLICA: http://www.chiscos.net/f1/samain/samain.html


Ademáis, a Biblio invítavos a ler os libros que baixo o título "LECTURAS PARA TREMER" están expostos ó lado do Pepiño.


A QUE ESPERAS????

30/09/2011

ÁBRESE A BIBLIO!!!!!!

Por fin chegou o día! Xa sei que estades desexosos de ir á Biblioteca, así que...dende este luns 3 de outubro, xa podedes facelo, coas vosas mestr@s para o préstamo de libros ou para traballar e, coma o ano pasado, tamén nos recreos para ler e, este curso como NOVIDADE tamén para cambiar libros cando os rematedes.

MARÍA-JENNI-YAHIR-LETICIA-JESSICA-GEMA-ANTÍA-MARTA-ANTÍA-ESTELA-BELÉN-ADRIÁN-DIEGO 
Temos que dar a benvida a este grupo de alumn@s de 6º que van ser os AXUDANTES, colaborando activamente na Biblio nos recreos.
BOAS LECTURAS A TOD@S!!!!

05/09/2011

COMENZA O CURSO!!!!!

Xa pasou o verán!! Pepiño está desexando que volvades ás aulas para non estar tan soíño.


Para empezar con bo sabor de boca, déixovos para que vexades este precioso video:
EL CUENTO DE LOS CUENTOS para que sigades sendo tan bos lectores.


GUSTARAVOS!!!!
CLICAR:    http://mediateca.educa.madrid.org/reproducir.php?id_video=utrw1lej75cob3f6

24/06/2011

ESTAMOS NO PLAN DE MELLORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!!!

A terceira vai a vencida!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

As mestras e mestres que formamos o Equipo da Biblioteca Escolar estamos orgullosos de comunicarvos
que coa mesma ilusión de todos os anos (pero cun presuposto un pouco máis alto, que axuda moito!) imos levar a cabo o noso proxecto para a Biblioteca Escolar.
Comenzamos en setembro...

22/06/2011

PARA O VERÁN

               Queridos nenas e nenos:
 PECHAMOS POR VACACIÓNS. Imos disfrutar tod@s dun merecido descanso.
Iso si! Non vos esquezades de LER MOITO E TODOS OS DÍAS.
Aquí vos deixo un par de direccións para que disfrutedes un pouco:
1) Esta é a proposta que fan dende a Junta de Castilla y León para este verán. (CLICAR ENCIMA E ACCEDEREDES Á PÁXINA)
                   ABIERTO POR VACACIONES
2) Estes son uns libriños interactivos cheiños de actividades (CLICAR ENCIMA)
                                                   http://www.educalim.com/biblioteca/

QUE OS DISFRUTEDES!!!!!!

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

AQUÍ VOS DEIXAMOS AS NOSAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN.
"NOSAS":TODO O PROFESORADO DO CENTRO COLABOROU PARA ACHEGARVOS ESAS LECTURAS DAS QUE ESTAMOS SEGUROS QUE DISFRUTAREDES.

RECORDADE: UN LIBRO, UN AMIGO.

(CLICAR NAS 4 FLECHAS PARA VELA A PANTALLA COMPLETA)

20/06/2011

EXPOSICIÓN DO PROXECTO: O CASTRO DE SANTA TREGA

 Con moita satisfación, queremos publicar que, durante os meses de verán, estará exposto no MUSEO DE SANTA TREGA sito no MONTE TREGA unha pequena mostra do traballo no que boa parte do alumnado e profesorado do Centro, estivemos mergullados este último trimestre: O CASTRO DE SANTA TREGA.


Damos as grazas ó Concello da Guarda e moi especialmente, ó persoal do Museo pola axuda e colaboración prestada para facer realidade esta exposición.














                                                                 INVITAMOS ÁS FAMILIAS A ACHEGARSE ATA ALÍ E DISFRUTAR DESTES TRABALLOS.!!!!

17/06/2011

PECHE DO PROXECTO LECTOR DE 5º CURSO

 Dende este blog, seguimos a estes nenos e nenas de 5º no desenrolo do seu proxecto lector:


A VOLTA Ó MUNDO EN 80 CONTOS
                                




Fomos testigos dos seus traballos e das visitas que ían recibindo.






Agora, pechan o proxecto con esta exposición e móstranse contentos e orgullosos do seu traballo.


  BO TRABALLO RAPACES!!!!!!!!

            (CLICA NAS FOTOS PARA VELAS GRANDES)

13/06/2011

04/06/2011

PROXECTO: O CASTRO DE SANTA TREGA

Aquí deixamos en imaxes o resultado das nosas investigacións. A principios do 2º trimestre unimos esforzos e con distintas formas de traballar, xurdiu este proxecto.

Nós estamos moi orgullosos e esperamos que a vós vos guste moito.

MIRADE QUE CHULI!!!



01/06/2011

AS VIVENDAS NO CASTRO DE SANTA TREGA

Dentro do proxecto do CASTRO DE SANTA TREGA que impulsa a Biblio, achegamos esta investigación sobre as vivendas castrexas feita polo alumnado de 6º A. Eles disfrutaron e aprenderon moito.


                 ESPERO QUE VOS GUSTE!!!!

       PARA VELO, CLICA AQUÍ:  AS VIVENDAS NO CASTRO DE SANTA TREGA

27/05/2011

VISITA DE AN ALFAYA

 


Hoxe o alumnado de 6º tivo unha visita moi especial: a autora viguesa AN ALFAYA


 Os nen@s tiveron a oportunidade de achegarse un pouco á súa vida e obras, en especial ó libro que colectivamente leron: "ZOA E AZOR"
 Despois de contestar ás moitas preguntas que lle fixeron, firmoulles os seus libros e deixounos un fermoso agasallo para a Biblioteca en forma de palabras que colocaremos entre os libros.
GRAZAS AN POR COMPARTIR O TEU TEMPO CONNOSCO!!!!!!

15/05/2011

AS LECTURAS DOS NEN@S DE INFANTIL

OS NENOS E NENAS DE E.INFANTIL DE 5 ANOS ESTÁN INMERSOS NUN PROXECTO LECTOR QUE ESTÁN DISFRUTANDO MOITO. ESTÁN LENDO O LIBRO "EL REINO DE LA FANTASÍA" DE GERÓNIMO STILTON.

PERO É UNHA LECTURA CON ACOMPAÑAMENTO, XA QUE CONTA COA INESTIMABLE COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, NAIS E PAIS QUE SE ACERCAN Á BIBLIO PARA LERLLE ÓS CATIVOS.
UN PAPÁ LECTOR



UNHA MAMÁ LECTORA
MAGNÍFICA EXPERIENCIA!!!

05/05/2011

COMENZAMOS A VER RESULTADOS!!!

Os cursos xa van rematando as súas investigacións sobre o noso proxecto.





 Estes son os primeiros resultados. Son os murais feitos polos nenos e nenas de 2º.








Tamén vedes as primeiras maquetas de castros feitas coa inestimable axuda das familias, ás que dende este blog agradecemos enormemente o esforzo.




CLICADE PARA VELAS EN GRANDE PORQUE MERECE A PENA.


SON ESPECTACULARES, CHEAS DE DETALLES...!!!



26/04/2011

COÑECENDO A LOIS PEREIRO

O 17 de Maio do 2011, Día das Letras Galegas, estará adicado a Lois Pereiro. No libro Lim "Lois Pereiro" atoparedes algúns datos da súa vida.

(clicar na dirección)
MIL GRAZAS POR COMPARTILO!!

19/04/2011

RECITAMOS POESÍAS!!!

E chegou o día! Aquí estamos todos xuntos celebrando o DÍA DO LIBRO.

Foi un acto moi vistoso presentado por YAHIR E BLAS DE 6º A.
OBSERVADE AS FOTOS!!!



09/04/2011

IMOS CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Este xoves, 14 de abril, despois do recreo, na Hora de Ler, reunirémonos todos, alumnado e profesorado para celebrar o DÍA DO LIBRO, que como sabedes, é o 23 de abril, pero que este curso coíncide nas vacacións de Semana Santa.

Como xa sabedes porque así o 
publicamos neste blog, levamos todo o mes de Marzo, recopilando e ilustrando marabillosamente poesías de autores diversos. Clicade na foto, xa veredes como é verdade!.


Por iso, celebraremos ese día lendo cada curso a súa poesía, dende os máis pequechos ata os máis maiores.


SEGURO QUE TOD@S IMOS DISFRUTAR MOITO!!!

05/04/2011

NOVO ORDENADOR

Na Biblioteca estamos de noraboa! Acaban de instalarnos un ordenador para que poidades CONSULTAR todo o que queirades e así, satisfacer a vosa curiosidade e traballar moito no que os prof@s vos pidan.


    USÁDEO MOITO PERO...TRATÁDEO BEN!!!!!

04/04/2011

ABRIL: MES DO LIBRO

 O 23 de abril, é o día do libro. Neste día conmemoramos a morte de dous grandes escritores en 1616, W. Shakespeare e Miguel de Cervantes.

 Dende  hai uns anos, na biblioteca do cole, aproveitamos par facer unha chea de actividades. Este curso, reunirémonos no salón de actos o día 15 despois do recreo para ler as poesías que con tanta ilusión recopilaron e ilustraron os nenos e nenas de todos os cursos para celebrar  en marzo o mes da poesía e que podedes ver no mural da entrada do cole.

Pero non sempre o libro foi un obxecto cotiá, fácil de adquirir nin fácil de ler ou levar. Se botamos unha ollada á esta  fabulosa presentación que fixo unha mestra de Melide (A Coruña), veremos que ata a aparición da imprenta o libro foi privilexio duns poucos tanto na Antigüidade como na Idade Media. Que gran sorte a nosa agora!.

Disfrutádeo, merece a pena!!

CLICAR AQUÍ---HISTORIA DO LIBRO 

17/03/2011

O NOSO PROXECTO SOBRE O CASTRO DE SANTA TREGA ESTÁ EN MARCHA!

Comenzamos a traballar con moito entusiasmo neste proxecto que temos en común un grupo de mestres/as e o seu alumnado. Iremos informando de como se van desenvolvendo os diferentes proxectos.

Para empezar, nada mellor que visualizar este vídeo para  decatarnos de como podía ser a vida dos nosos antepasados.

SEGURO QUE VOS GUSTARÁ!!!

11/03/2011

A DIVERSIDADE DA TERRA

Non vos perdades este marabilloso documental da BBC.
Tres minutos de pracer para os ollos e os oídos!

DISFRUTÁDEO A PANTALLA COMPLETA!
                             MERECE A PENA!

09/03/2011

BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL

Acabo de ENLAZAR (NA DEREITA DA PÁXINA, SITIOS QUE DEBES VISITAR) esta marabilla de enciclopedia que edita a UNESCO.
 Reune mapas, textos, fotos, grabacións, películas de todos os tempos e explica en sete idiomas, entre eles o español, as xoias e reliquias culturais de todas as bibliotecas do planeta, acompañados dunha breve explicación do seu contido e significado.


MERECE A PENA QUE LLE BOTEDES UNHA OLLADA!!!

07/03/2011

MARZO MES DA POESÍA

Este mes de marzo, adícase á poesía. Dende a Biblioteca, invitámosvos a ler poesía. Para iso, propoñemos que este mes na hora que cada curso ten para ir á Biblio, mentras facedes o cambio de libros, collades para ler libros de poesía que están no andel correspondente e tamén os poremos ó lado do noso Pepiño, na entrada da Biblio.


Tamén vos deixamos este arquivo con fermosas poesías que seguro que vos van encantar.


ÁNIMO LECTORES-POETAS!!!!

CLICAR AQUÍ: POESÍAS VARIADAS

28/02/2011

OUTRA VISITA DE PEPIÑO!!!!



¡SOMOS NÓS, OS DE 5 ANOS...É ENTROIDO!
A semana pasada, os nenos de 5 anos, ó chegar á clase,... tiñan unha sorpresa! Alí, por riba da mesa do profe Jose, estaba unha carta de Pepiño e...uns libros preciosos que acababan de chegar á Biblio, e como Pepiño é máxico, e sabe que xa len moi ben, prestoullos por uns días.


Os nenos puxéronse tan contentos que decidiron facerlle uns debuxos e darllos á profe Mari, a encargada da Biblio, para que os puxera na corcheira e os visen os outros nenos/as.

¡QUE BEN ESCRIBEN E DEBUXAN!
 (PICHAR ENCIMA PARA VELOS GRANDES)
ATA PRONTO PEPIÑO, ESPERÁMOSTE!