26 de nov. de 2010

VISITA DE ALICIA ALONSO


O alumnado de 5º curso, dirixido polas súas mestras, está inmerso nun proxecto de lectura ó que chaman  "ÁNIMO LECTORES. TIRA DA CORDA E AMÁRRATE NA AVENTURA" no que, entre outras cousas, se da resposta á pregunta GÚSTACHE LER?; pregunta que está sendo respostada polo alumnado, polo profesorado,  por xente vencellada á vida cultural do pobo e por escritores de libros lidos polos alumnos.

Onte, dentro deste proxecto, recibiron a visita da pintora local ALICIA ALONSO que fixo as delicias de nenos e mestras.

LEU PARA ELES
                                                            
DEBUXOU

FÍXOSE FOTOS DE GRUPO

PEGOU A SÚA RESPOSTA E A FOTO NO MURAL
                                     FOI TODO UN PRACER ALICIA!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario